Imagen no se encuentra

A NOSA EMPRESA

Imagen no se encuentra

Os queixeiros de Queixería CasLeiras afrontamos este proxecto cun afán emprendedor e unha actitude conservadora ante o bo facer tradicional que herdamos.

Estamos vinculados activamente ó desenrrolo dunha fabricación acorde có cuidado do medio natural.

Escollemos unha formación técnica e específica no sector lácteo, e tras uns anos de experiencia en empresas de recoñecido prestixio no panorama lácteo galego, emprendimos o noso camiño coa preocupación constante por acadar o equilibrio entre o tradicional e a innovación.

Por iso, inscribimos a Queixería CasLeiras na DOP San Simón da Costa.

Porqué CASLEIRAS

Garantimos unha curación mínima que duplica o período estipulado polo Consello Regulador, mellorando as características organolépticas de forma notable e diferenciadora, cun afumado suave e natural.

Dispomos de laboratorio propio, inscrito no Rexistro Xeral de Laboratorios de Galicia, o que nos permite someter ó noso queixo a exhaustivos e rigurosos controis de calidade en cada unha das etapas do proceso, que garantizan o consumo dun producto sano, equilibrado i elaborado cun facer que busca manter vivas as tradicións herdadas.

Porque cremos nun desenrolo sostible e na riqueza do noso medio rural, por iso levamos a cabo una xestión de residuos selectiva e responsable da que forma parte importante a nosa estación depuradora biolóxica, porque respetamos e mantenemos vivo o bo facer antigo e é nosa obligación transmitilo.

Web propiedad de Queixería Casleiras SL. - Todos los Derechos Reservados
Sin Imagen Sin Imagen
Sin Imagen Sin Imagen Sin Imagen Sin Imagen Sin Imagen