Imagen no se encuentra

BENVIDOS

Imagen no se encuentra

Cando tradición e técnica se unen, nace un novo concepto que conserva a sabedoría tradicional baixo os parámetros actuaís de calidade e control que demanda o consumidor máis esixente.

Así nace Queixería CasLeiras, Entendemos o noso traballo coma un xeito de vida baseado na consecución dun produto de alta calidade que respeta en cada etapa da súa elaboración o entorno natural do que procede.

Para iso contamos con modernas instalacións e un riguroso control do proceso que asegura a calidade do produto final sen deixar de lado a Xestión e minimización de residuos.

Coñécenos...

Somos unha pequena queixería adicada principalmente á fabricación do queixo San Simon da costa, unha das xoias gastronómicas de galicia. Na nosa breve andadura como empresa, temos demostrado que a unión de tradición, técnica e respeto ó medioambiente é posible.

A nosa queixería atópase ubicada na parroquia de Oleiros, cerca do municipio lugués de Villalba, amparada na DOP. SAN SIMON DA COSTA. Estas fermosas paraxes determinan a nosa forma de traballar, imprimíndolle ó proceso de fabricación a calma e o agarimo que induce o entorno natural que nos rodea.

A estrela dos nosos produtos é o queixo San Simon da Costa DOP elaborado de forma tradicional e afumado con madeira de Bidueiro. Dispomos tamén do queixo Tetilla DOP, referente principal dos queixos galegos así coma outras variedades autóctonas, todas elas de forma artesá.

Unha imaxe vale máis que mil palabras, por elo, invitamolles a ver as fotografías que presentamos na nosa galería. Gracias a ela poderán achergarse un pouco máis ó proceso de elaboración dun dos mellores queixos de España e contemplar as fermosas paraxes do noso entorno.

Web propiedad de Queixería Casleiras SL. - Todos los Derechos Reservados
Sin Imagen Sin Imagen Sin Imagen Sin Imagen Sin Imagen